Incrible remontada do Real Madrid, que se une ao Barça na fase final da Euroliga
Ergueu un 0-2 na eliminatoria contra o Partizan
No quinto partido chegou a ir perdendo por 18 puntos e acabou gañando por 98-94
O Real Madrid derrotou por 98-94 o Partizan no quinto partido da eliminatoria de cuartos da Euroliga e xogará a Final a Catro, na que se enfrontará ao Barcelona nas semifinais (19 de maio en Lituania).
O cadro branco igualara en Belgrado o 0-2 co que comezara a serie. Xogaba o pase no quinto e definitivo partido, que foi un espectáculo digno dunha das mellores series na historia da Euroliga. O Real Madrid foi case sempre por debaixo no marcador con desvantaxes de ata 18 puntos.
No terceiro cuarto e grazas a Sergio Rodríguez, achegáronse no marcador, e no último conseguiu culminar a remontada total da eliminatoria diante do delirio dos afeccionados.