Indignación veciñal en Ponte Caldelas polos constantes ataques de varios cans perigosos
Denuncian que os donos dos animais se desentenden dunha situación xa insostible
Conflito en Ponte Caldelas á conta dos cans dun dos veciños. Outros residentes denuncian que os animais lles atacan o gando e que mesmo chegou a agredir unha muller de 90 anos, suceso que se vai xulgar a próxima semana.
Os cans teñen atemorizados e preocupados os veciños de Anceu. Dous deles, por sorte, foron xa trasladados á canceira e o seu dono sancionado despois do último ataque no que feriron dúas ovellas e mataron outras dúas e unha cabra. E a gota que rebordou a paciencia da veciñanza.
Atacaron a carteira e varios veciños. Os seus donos, denuncian os afectados, son os verdadeiros culpables da situación. Mesmo empurraron unha anciá cando lles recriminou a súa actitude cos animais. Os veciños temen que os donos dos cans traian novos exemplares e que a situación non se arranxe despois deste último ataque.