Cargando resultados...
Ingresado no hospital de Lugo un home de Guntín pola malleira que lle deu un veciño
Agrediuno cun rodo na cabeza que lle afectou ao pómulo e un ollo
O presunto autor ten orde de distanciamento respecto da vítima
G24.gal
04/02/2023 19:53
Última actualización 04/02/2023 20:05
Foi ao pechar as galiñas cando a vítima recibiu a malleira. Supostamente, os autores foron un veciño da aldea de Mosteiro, no concello lugués de Guntín, e o seu fillo.
Daquela non era consciente do sucedido, pero cando a súa muller o viu entrar deseguida o socorreu. Pediu axuda ao fillo, que foi quen o trasladou ao hospital de Lugo, onde está ingresado.
A agresión foi denunciada á Garda Civil, que xa tomou testemuña aos implicados na liorta, veciños da mesma aldea. O ancián ten orde de distanciamento respecto da vítima.