Cargando resultados...
Investigan a importación de coches estragados e vendidos en Pontevedra como seminovos
O mesmo taller xa fora investigado e rexistrado en novembro de 2022 por feitos parecidos e 20 implicados foran detidos en Portugal e Galicia

G24.gal
15/03/2024 21:11
Grande operativo policial nun taller de compravenda de coches de Pontevedra por unha suposta fraude na venda de vehículos de importación.
A Policía Local e a Policía Nacional realizaron inspeccións dos coches e analizaron a documentación do establecemento.
Este mesmo taller xa fora investigado e rexistrado en novembro de 2022 por feitos parecidos e 20 implicados foran detidos en Portugal e Galicia.
Desta volta, investigan a importación de coches estragados e vendidos en Pontevedra como se fosen seminovos.
Os axentes interrogaron o dono do taller.