Cargando resultados...
Investigan a morte dun home ás portas do centro de saúde de Marín
Uns descoñecidos deixárono diante do edificio e fuxiron

G24.gal
09/05/2024 16:40
En Marín, a Policía Nacional investiga o sucedido nas últimas horas no centro de saúde da localidade. Varios individuos pararon unha furgoneta ás portas do centro e alí abandonaron unha persoa.
Estaba aparentemente indisposto. Quen o acompañaba deu datos falsos sobre a súa identidade. Cando os sanitarios se achegaron cunha cadeira de rodas, a furgoneta marchou. Minutos despois certificouse a morte do home.