Contido con Xeográficas .
Marín

A segunda etapa do Gran Camiño será desde Marín ata A Estrada
07/01/2025 12:43
Esta mañá presentouse en sociedade coa presenza de Óscar Pereiro, Gustavo César Veloso e o moañés Delio Fernández

As Cabanas de Xarás, premiadas polo COAG polo seu deseño integrador na paisaxe
13/12/2024 20:54
Son catro construcións de madeira, dedicadas a turismo rural, situadas na parroquia marinense de Ardán
O arquitecto Alfonso Penela definiu un deseño aberto, cunha fachada en bispel, semellando que abraza as árbores do bosque en que se integran

O Concello de Marín aproba de forma definitiva o nomeamento da princesa Leonor como filla adoptiva
13/12/2024 12:01
Para o Concello, asegurou a alcaldesa, "é un orgullo" outorgarlle esa distinción, do mesmo xeito que pasou con Filipe VI, en 1986, cando se formaba como garda mariña no municipio pontevedrés
Polo momento non hai unha data establecida para celebrar o pleno extraordinario en que se votará e se lle outorgará a distinción á princesa Leonor

Vaga de roubos en parroquias do rural de Marín
03/12/2024 13:31
Os ladróns esperan a que as vivendas queden baleiras paa entrar e roubar xoias e cartos

Detectados dous novos focos de gripe aviaria en aves silvestres na Coruña e Marín
28/11/2024 20:14
Detectáronse nun mascato e nunha gaivota patiamarela, cuxos corpos xa foron trasladados ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Carballedo

14/11/2024 21:41
Será a primeira muller a que o Consistorio outorga esta distinción, que tamén ten o seu pai, o rei Filipe VI

Prisión provisional para o acusado de ferir a coiteladas un veciño en Marín
09/11/2024 16:00
O presunto agresor, investigado por un delito de intento de homicidio, pasou á disposición xudicial este sábado

Ferido un home de 52 anos ao ser acoitelado nun garaxe de Marín
07/11/2024 20:02
Foi trasladado ao Hospital de Montecelo, en Pontevedra, e a súa vida non corre perigo
O presunto agresor, de 44 anos e con antecedentes psiquiátricos, foi detido na casa dun familiar tras ser localizado pola Policía Local

Arde unha casa en Marín na que supostamente residen ocupantes ilegais
29/10/2024 15:11
O lume obrigou a desaloxar as vivendas lindeiras

Denuncian un veciño de Marín por ter tres cans en "condicións deplorables"
02/10/2024 15:46
Os tres animais estaban encadeados sen mobilidade e non tiñan chip
Un deles mesmo presenta unha cor azul provocada por un spray para as moscas

O estaleiro Nodosa entrega o barco conxelador "máis moderno" feito en España
30/09/2024 18:41
A armadora Pescapuerta destinará o Prion á captura de luras nas Malvinas
Alfonso Rueda e un representante do grupo Fortuna asistiron ao acto de botadura

Marín honra o seu patrón coa tradicional danza das espadas
29/09/2024 20:22
A celebración é Festa de Interese Turístico de Galicia

Os reis, a princesa Leonor e Xoán Carlos I, xuntos en Marín
27/09/2024 20:08
O rei emérito pediu ver a súa neta aproveitando que está en Sanxenxo, e os reis desprazáronse a Galicia para celebrar unha cea privada en conmemoración dos 40 anos da xura de bandeira de Filipe VI

Entrégase á policía en Marín despois de darlle unha malleira á muller
12/09/2024 15:48
Apareceu na comisaría ao día seguinte acompañado do seu avogado
A muller tivo que ser atendida no hospital polos golpes

A microalga que tingue a auga na ría de Pontevedra non é tóxica
11/09/2024 15:48
O afloramento de microalgas é habitual na ría neste tempo

Un carteiro rescata un home do incendio da súa vivenda en Marín
02/09/2024 14:08
O carteiro arrastrou o afectado, con queimaduras no corpo, ao exterior da casa

A princesa Leonor, de tapas por Moaña cos seus compañeiros da Escola Naval
01/09/2024 11:06
A herdeira da Coroa gozou da primeira xornada de descanso integrada nun grupo con cinco compañeiras e outros nove compañeiros de estudos en Marín

Primeira e intensa xornada de Leonor de Borbón na Escola Naval de Marín
31/08/2024 09:37
A princesa de Asturias coñeceu os seus compañeiros, realizou activiades en grupo, de deporte a navegou pola ría de Pontevedra

A princesa Leonor chega esta tarde a Marín para iniciar o seu 2º ano de formación militar
29/08/2024 12:33
O ingreso da herdeira á Coroa de España nas instalacións da Escola Naval Militar da Armada está previsto a partir das sete da tarde
Entrará soa, vestida co uniforme de especial relevancia, para unirse despois da recepción oficial aos alumnos de terceiro

A princesa Leonor ingresa este xoves na Escola Naval de Marín
26/08/2024 13:30
Será unha das 20 mulleres que hai este ano en terceiro curso

O incendio dunha furgoneta deixa sen luz un pavillón deportivo en Marín
21/08/2024 14:10
Os veciños denuncian que os incendios en colectores e vehículos se repiten nos últimos meses

A Escola Naval Militar de Marín arranca o curso cos alumnos de novo ingreso
19/08/2024 15:05
Ingresaron os alumnos de primeiro curso e o resto, tamén a princesa Leonor, farao o próximo 29 de agosto

Marín celebra o día grande da festa corsaria que revive a batalla contra os ingleses
17/08/2024 21:24
A vila encheuse de bandeiras e panos piratas para celebrar a expulsión dos invasores
65 postos de artesanía e gastronomía para descubrir no mercado corsario

Marín conta cun novo aparcadoiro disuasorio gratuíto
31/07/2024 14:04
O aparcadoiro conta con 83 prazas, tres son para persoas con mobilidade reducida, e tamén dispón de varios puntos de recarga para vehículos eléctricos
Con estas son máis de 670 as prazas de aparcadoiros disuasorios habilitadas pola Xunta

Os reis e a princesa Leonor entregan os despachos de oficial na Escola Naval de Marín
16/07/2024 10:47
A herdeira visita por primeira vez o centro onde continuará a súa formación militar en agosto

Xornada de portas abertas para coñecer as entrañas do Juan Sebastián Elcano
13/07/2024 16:46
Desde o sábado e ata o luns pódese visitar o buque escola da Armada en Marín
Grupos de turistas achegáronse a coñecer este bergantín-goleta

O Juan Sebastián Elcano chega a Marín con 82 cabaleiros e damas gardamariñas
12/07/2024 14:43
O buque escola da Armada completa o 17 de xullo, rumbo a Cádiz, o seu cruceiro de instrución número 96
O ano que vén, a princesa Leonor embarcará no que é un dos buques máis simbólicos da Armada española

O Juan Sebastián Elcano chega á ría de Pontevedra para pechar o seu cruceiro de instrución
11/07/2024 18:13
A próxima semana, o rei Filipe VI e a princesa Leonor visitarán as instalacións da Armada en Marín

As festas do Carme enchen a oferta hoteleira de Marín
08/07/2024 14:37
Á festividade local súmase o acto da entrega de Reais Despachos aos novos oficiais na Escola Militar de Marín
Este ano contará por primeira vez coa presenza da princesa Leonor.

Detido polos incendios en Marín e Pontevedra dunha vivenda, un garaxe e unha autocaravana
05/07/2024 16:46
Tamén queimou, presuntamente, varios colectores de lixo na cidade do Lérez

Un motorista, ferido nun accidente en Marín
30/06/2024 13:54
No accidente víronse implicados unha motocicleta e un turismo que se incorporaba á avenida
O condutor do vehículo de dúas rodas sufriu varios traumatismos e foi trasladado a un centro hospitalario

Rescatado o corpo sen vida dunha muller de 88 anos no río Lameira de Marín
24/06/2024 10:56
A dificultade de acceso da zona onde apareceu o cadáver fixo precisa a intervención dos bombeiros
As forzas de seguridade investigan as circunstancias do sucedido

Familiares do Villa de Pitanxo van participar nunha homenaxe ás vítimas en Terra Nova
15/06/2024 18:55
Colocarán unha placa en memoria dos 21 falecidos no naufraxio

Queiman unha autocaravana e máis de 8 colectores en Pontevedra e Marín
06/06/2024 13:33
Algúns sorpenderon dous mozos con senllos monopatíns e unha lata de gasolina
A Policía Nacional de Pontevedra investiga os feitos

Trasladan dúas persoas por inhalación de fume tras un incendio nun edificio de Marín
30/05/2024 10:22
Os dous feridos permanecen no Hospital de Montecelo de Pontevedra en estado leve
O edificio, de catro andares, tivo que ser evacuado de madrugada

Calcinado un vehículo nun garaxe de Marín
24/05/2024 07:54
Os veciños foron desaloxados de madrugada, pero xa puideron regresar aos seus domicilios
O fume afecta as instalacións dun supermercado lindeiro

Investigan a morte dun home ás portas do centro de saúde de Marín
09/05/2024 16:40
Uns descoñecidos deixárono diante do edificio e fuxiron

Nai e filla, detidas en Marín por explotar sexualmente estranxeiras sen papeis
30/04/2024 13:19
A investigación comezou por unha alerta dos servizos sociais municipais
O clan familiar rexentaba un local público e un piso privado "absolutamente insalubre" dedicados á prostitución

Queiman catro colectores de lixo no centro de Marín
09/04/2024 13:46
Hai uns meses sucederon dous feitos similares noutras rúas da localidade

O temporal leva por diante o muro do espigón do porto de Aguete (Marín)
29/03/2024 14:43
O lugar quedou precintado ata que sexa reparado
A provincia de Pontevedra foi a que máis notou os efectos da borrasca, que deixou 163 incidencias das case 400 que se rexistraron en Galicia
Todo o litoral, agás A Mariña, permanece en aviso amarelo por ondas este venres