Cargando resultados...
Investigan a morte dunha persoa cuxo cadáver apareceu aboiando no mar
Servizo de Salvamento Marítimo recuperou o corpo nas inmediacions da Torre de Hércules

G24.gal
14/12/2023 21:53
Na Coruña investigan a morte dunha persoa cuxo cadáver apareceu aboiando no mar. O Servizo de Salvamento Marítimo recuperou o corpo dun home nunha zona próxima ás rochas nas inmediacions da Torre de Hércules.
Amais dos efectivos de Sasemar Coruña, nas tarefas de rescate participaron tamén o servizo de Gardacostas, Policía Nacional e Local e o grupo acuático dos bombeiros.