Investigan o atropelo mortal de San Cibrao sen desbotar que o camioneiro non notara o golpe
O home declarou que estaría dando marcha atrás co vehículo e non se percatou do tráxico suceso
De confirmárense os datos, sería un accidente involuntario

Axentes de Tráfico da Garda civil de Ourense investigan as circunstancias que rodean ao atropelo mortal que se rexistrou este venres en San Cibrao das Viñas, ante un polígono industrial.
O condutor responsable do atropelo moral rexistrado no polígono de Barreiros na N-525, no concello ourensán de San Cibrao, estaría a dar marcha atrás cando golpeou á vítima e non se deu conta do golpe, segundo apuntan fontes da investigación.
Así, o home, de 65 anos, arroiaría ao peón de forma involuntaria. O condutor está localizado, pero non se lle imputou ningún delito, pois fontes da Garda Civil cren que posiblemente non se deu conta do impacto.
As dilixencias mantéñense abertas mentres os axentes de atestados seguen investigando as causas do sucedido. A vítima, un home de 56 anos e veciño de Maceda (Ourense), morreu este venres en San Cibrao das Viñas e as primeiras hipóteses apuntaban a que o condutor do camión se dera á fuga.
O home declararía que estaba a dar marcha atrás e non se deu conta de que lle golpeaba.
