Investigan un posible crime tras a desaparición dun veciño de Culleredo
No domicilio atoparon restos de sangue

A Garda Civil investiga un posible crime tras a desaparición dun home residente en Culleredo. A desaparición produciuse o pasado venres en Orro. Chámase Javier Iglesias e ten 50 anos. O aviso dérono os seus familiares.
Cando os investigadores chegaron á vivenda atoparon restos sangre no domicilio. A investigación empezou tras os indicios de que se tentou limpar o sangue achado no domicilio con cloro, o que alertou os axentes.
A análise de ADN confirmou que o sangue pertence a Javier Iglesias, que leva sen usar o seu teléfono desde o venres, cando tamén desapareceu o seu coche.
Os investigadores buscan a Javier Iglesias por todo Galicia pero sobre todo, na Coruña e en Arteixo, onde era moi coñecido, e non descartan ningunha hipótese.