Investigan unha muller pola morte do seu can tras anos de abandono en Oleiros
Enfróntase a un posible delito de neglixencia no coidado do animal que estaba atado nunha leira en condicións pésimas

A Garda Civil do posto principal de Oleiros abriu unha investigación contra unha muller por presunta neglixencia no coidado do seu can, que faleceu tras varios anos de abandono.
Segundo informa o instituto armado, o animal fora trasladado a unha parcela na zona de Mera porque a veciñanza se queixara dos seus ladridos no piso no que vivía. O can permaneceu atado durante anos nese lugar "en condicións deplorables".
Varias persoas alertaron a Garda Civil e a Policía Local das "pésimas condicións" nas que se atopaba o can, inmobilizado na leira e rodeado de moscas e vespas. Tras o seu traslado a un hospital veterinario da Coruña, decidiron practicarlle a eutanasia humanitaria.