Publicador de contidos

Publicador de contidos

Iria Uxía Romarís, muller de ferro no banco do COB

Iria Uxía Romarís, muller de ferro no banco do COB

É a primeira muller que dirixe un equipo masculino profesional en España

G24.gal 30/12/2022 14:05 Última actualización 30/12/2022 14:10

Iria Uxía Romarís é unha pioneira. A primeira muller que dirixe un equipo masculino profesional en España. Ela mesma confesa a súa sorpresa cando lle deron o cargo no COB:

"Sorpréndeme moito toda a relevancia que está tendo".

Non lle vai mal. O Ourense gañou a un galo, o San Pablo Burgos, na súa estrea, e a piques estivo de sorprender o Alacant esta semana.

A adestradora santiaguesa arela continuar no posto:

"Probablemente (ser 1ª adestradora) sexa unha das opcións que se formulan".

Iria entende que este é un primeiro paso para darlle visibilidade á muller cara a unha normalidade que aínda está lonxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade