Iván Cruz a Laura Quevedo "Pedinlle matrimonio na Praia das Catedrais e dixo que si"
O pívot do Breogán e a aleiro do Estudiantes confirmaron no Galicia en Goles o seu enlace

O Pazo viviu esta tarde unha dobre celebración, o triunfo breoganista ante o Canarias e o anuncio da voda entre os dous baloncestistas de elite.
Iván Cruz contoulle a Alfonso Pardo no Galicia en Goles como foi a petición.
"O outro día fomos á Praia das Catedrais, un lugar tan bonito e idílico. Alí pedinlle matrimonio e dixo que si. Aínda non sabemos a data. É outro regalo xunto a esta vitoria. Temos que seguir así. Gañar permítenos estar arriba na clasificación"
Pola súa banda, a aleiro do Estudiantes, tamén contou a súa versión do enlace.
"Aproveito esta fiestra que non hai liga para poder vir e visitalo. E pasou isto. Eu si que lle digo os defectos para que mellore"