Iván Villar e Seferovic valoran positivamente o empate en Anoeta
Os futbolistas do Celta atenderon a Radio Galega na zona mixta do feudo donostiarra

O punto conseguido polo conxunto olívico na prolongación sabe a ouro tendo en conta que xogaban cun home menos ante un dos equipos máis en forma da Liga. Por iso as sensacións eran positivas no equipo dos celestes. Así o reflicten as declaracións do cancerbeiro Iván Villar.
"Tal e como se puxo o partido é algo positivo e estamos moi contentos por iso. Foi complicado encaixar cedo pero repuxémonos. Eu o que intento é parar o máximo posible. Puiden salvar esas dúas e seguir dentro do partido. Nesta Liga todos os partidos son complicados".
Por outra parte tamén avaliou o empate o dianteiro Haris Seferofic.
"Foi un partido bo noso e cun pouco de sorte puidemos incluso gañar".
