Cargando resultados...
Iván Ares, profesor de Fernando Alonso por unhas horas
Fíxoo pilotando un 'carcrós', unha especialidade do piloto de Cambre
G24.gal
13/02/2024 17:24
Última actualización 13/02/2024 17:28
Iván Ares convértese no profesor de Fernando Alonso por unhas horas. Fíxoo pilotando un 'carcrós' no circuíto de Valencia de Don Juan, en León.
Fernando Alonso está en plena pretemporada, e facer horas con este tipo de vehículos favorece os movementos das mans e os reflexos.
Iván Ares é un especialista neste tipo de condución xa que comezou no 'carcrós'. A xente de Fernando Alonso chamouno e o piloto de Cambre exerceu de profesor de Fernando Alonso, toda unha experiencia.