Jailson estará seis semanas de baixa
Non xogará, como mínimo, os próximos seis partidos de Liga (Leganés, Xetafe, Betis, F. C. Barcelona, Barcelona e Español)
Tampouco a eliminatoria de Copa do Rei contra o UDE San Pedro
O defensa brasileiro Jailson Marques estará unhas seis semanas de baixa despois de que a ecografía que lle realizaron os servizos médicos do Celta confirmase que sofre unha “un arrancaiento do tendón do adutor esquerdo”, informou este venres o club galego.
Jailson xogou o seu último partido co Celta o pasado 22 de setembro fronte ao Athletic Club en San Mamés. Desde entón, o brasileiro encadeou unha lesión muscular no adutor dereito cuns problemas no ombreiro que o deixaron sen minutos nos duelos contra Atlético de Madrid, As Palmas e Real Madrid.
Esta nova lesión, que se produciu durante un adestramento na cidade deportiva Afouteza, obrigaralle a perderse, como mínimo, os próximos seis partidos de Liga (Leganés, Xetafe, Betis, F. C. Barcelona, Barcelona e Español) e a eliminatoria de Copa do Rei contra o UDE San Pedro.