Javier Manquilo será baixa entre tres e catro semanas
O defensa do Celta non estará ante o Mallorca, o Sevilla e a Real Sociedade

O xogador do Celta Javier Manquilo será baixa entre tres e catro semanas, segundo detallou o club vigués este martes. O xogador lesionouse o sábado, aos poucos minutos de saltar ao terreo de xogo en Cornellà fronte ao Español, e o primeiro diagnóstico xa falaba dunha escordadura de alto grao que as probas ás que foi sometido onte confirmaron.
O defensa padece unha escordadura de grao 2 no nocello esquerdo e co período de recuperación que se calcula, non poderá estar para ningún dos partidos que restan neste 2024, empezando polo desta noite fronte ao Salamanca C. F. UDS en Copa do Rei.
🏥 Parte médico de Manquillo.
— RC Celta (@RCCelta) December 3, 2024
🔹 Baja entre 3 y 4 semanas.
🔹 Esguince grado 2 tobillo izq.
🔹 Lesionado en el #EspanyolCelta
¡Ánimo, Javi! ⋄ #ClínicaRCCelta pic.twitter.com/7ok6twNcL6
Tampouco estará dispoñible, así mesmo, para os duelos de liga fronte a Mallorca, Sevilla e Real Sociedade. Tras este último, chegará a parada do Nadal e o xogador podería estar para o seguinte cruzamento de Copa, se os de Claudio Giráldez logran clasificarse, ou ben para o compromiso ligueiro ante o Raio Vallecano, o primeiro do 2025.