Kevin Vázquez: "Non é doado dixerir o que nos está pasando"

O lateral olívico atendeu o Galicia en goles dende a zona mixta de San Mamés

G24.gal 11/11/2023 09:13

Unha xornada máis, o Celta viu como lle escapaban puntos na recta final do encontro. E, de novo, con decisións arbitrais mediante. A pesar de anotar cinco goles (dous deles anulados) marchou de baleiro de Bilbao o equipo de Rafa Benítez, que segue ocupando os postos baixos da clasificación. Nada máis rematar o encontro, Kevin Vázquez conversou con Roberto Carlos Carballo, enviado especial da Radio Galega en San Mamés, para analizar o acontecido.

"Non é doado dixerir isto. Fixemos un traballo espectacular, non nos está dando. Marcho orgulloso da xente, do que estamos  traballando. Non quero buscar escusas, metemos cinco goles, erramos un penalti, facemos un partido bo, sobre todo na primeira parte. Perdemos por un penalti no último minuto que... lle rebota a el, rebótalle a Mingueza, cando vai para atrás o balón. Non quero falar dos árbitros, xa son varias semanas que non cae do noso lado, pero non quero buscar escusas, temos que mirarnos á cara, buscar os erros e tirar para adiante. Isto é a elite, custa gañar, pero cando gañemos un partido as nosas mentes liberaranse".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade