Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Liga e a RFEF non inscriben a Dani Olmo e Pau Víctor

A Liga e a RFEF non inscriben a Dani Olmo e Pau Víctor

O último recurso que lle queda ao Barcelona é a cautelar do Consello Superior de Deportes

G24.gal 04/01/2025 14:25

O Barça recibiu este sábado pola mañá a confirmación da non inscrición de Dani Olmo e Pau Víctor para o que queda de temporada. Nun comunicado conxunto da Liga e a Federación, os dous organismos mostran o seu acordo para non tramitar as fichas dos dous futbolistas.

A documentación requirida chegou fóra de prazo, e a solución agora semella que só pode pasar por unha concesión dunha cautelar por parte do Consello Superior de Deportes, que sería solicitada a vindeira semana. Se non é concedida, só lle quedaría ao Barça recorrer á xustiza ordinaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade