Cargando resultados...
Kíiv anuncia nova mesa de negociacións con Rusia dende o luns en Turquía
Prolongaríanse ata o próximo mércores

G24.gal
27/03/2022 17:40
Ucraína e Rusia celebran unha nova rolda de negociacións, de tres xornada desta volta, desde o luns ata o próximo mércores. Serán outra vez en Turquía conforme anuncia o xefe da delegación ucraína nas redes sociais.
Turquía xa acolleu a reunión entre o ministro de Exteriores, Sérguei Lavrov, e o ucraíno, Dmytro Kuleba, a comezos deste mes de marzo, na cidade balnearia de Antalya.
O presidente turco, Recep Tayyip Erdogan, comprometeuse co mantemento de canles diplomáticas no conflito ucraíno.