Unha muller de idade avanzada morre afogada na piscina familiar en Touro
Todo apunta a que a vítima caeu á auga e non conseguiu saír.

Os servizos de urxencia rescataron o corpo dunha muller de idade avanzada na piscina do seu domicilio, situado no concello de Touro.
A Garda Civil investiga en que circunstancias se produciron os feitos, pero todo apunta a que a muller caeu á auga e non conseguiu saír.
A primeira hora da tarde, o 112 recibiu o aviso dun particular que acababa de atopar o corpo sen vida da muller, aboiando na piscina.
Ao lugar acudiron bombeiros de Arzúa e persoal sanitario pero xa non puideron facer nada pola vítima. A anciá vivía coa familia no lugar da Obra.
#AXEGAInforma de que foi localizado o corpo sen vida dunha muller aboiando na auga dunha piscina no lugar de Obra, en #Touro. A pesar dos esforzos, os servizos sanitarios desprazados nada puideron facer por salvala. Interviñeron, ademais, os axentes de @guardiacivil. pic.twitter.com/h4IguhMBYP
— 112Galicia (@112Galicia) November 28, 2021