Cargando resultados...
Localizan con vida o home que desaparecera dun centro de maiores en Cambre
O desaparecido foi atopado nunha zona boscosa e de difícil acceso de Cecebre

G24.gal
20/05/2024 11:21
A Garda Civil localizou con vida o home de 81 anos que desaparecera de forma voluntaria dun centro de maiores en Cambre.
Segundo informou a Garda Civil, o home foise da residencia o domingo e foi localizado este luns ás 10:15 horas.
Foi o helicóptero do servizo aéreo da Garda Civil o que o localizou nunha zona boscosa e de difícil acceso en Cecebre.
O home, que precisaba medicación debido á enfermidade de párkinson que sofre, foi trasladado a un hospital.
No operativo de procura participaron, ademais de Garda Civil, Policía Local e Protección Civil.