Localizan na casa, logo de horas de busca, un home que desaparecera no mar en Vilanova de Arousa
Chamaron ao 112 avisando de que alguén se metera no mar e se lle perdera o rastro
Activouse un gran dispositivo de rescate por terra, mar e aire para buscalo
O ruído do helicóptero e do resto de dotacións de Salvamento, Policía e Protección Civil que se concentraron na praia do Preguntoiro pasadas as once da noite alertaron os veciños desa zona de Vilanova de Arousa. A razón da alarma foi unha chamada ao 112 avisando de que unha persoa se metera no mar e se lle perdera o rastro.
Finalmente o dispositivo suspendeuse sobre as dúas da mañá, unha vez que a policía logrou confirmar que o suposto desaparecido estaba a salvo na súa casa, conta Francisco Javier Guillán Busto, o xefe do Servizo Municipal de Emerxencias de Vilagarcía.

Esta mañá, os efectivos de emerxencias celebraban que esta vez todo acabase ben e poñían a punto os equipos para actuar de novo sempre que faga falta.