Cargando resultados...
Localizan sen vida o corpo da muller desaparecida en Cangas
Foi achado este domingo nun foso de auga dun edificio en construción no mesmo municipio pontevedrés

G24.gal
01/10/2023 21:34
Última actualización 01/10/2023 21:45
O corpo sen vida de María del Carmen Gómez Núñez, que permanecía desaparecida desde o pasado 25 de setembro en Cangas, foi atopado este domingo nun foso de auga dun edificio en construción na rúa Atranco, no mesmo municipio pontevedrés.
Segundo confirmaron fontes da investigación, o corpo foi localizado nunha zona asolagada deste inmoble que se atopa en construción.
A Asociación SOS Desaparecidos emitira este venres unha alerta para solicitar a colaboración cidadá na localización desta muller.
Os seus familiares denunciaran ante as forzas da orde a súa desaparición e agora tratan de esclarecer as causas deste suceso.
