Cargando resultados...
Localizan tres proxectís sen carga cando ían limpar unha nave en Valdoviño
Os desactivadores de explosivos da Garda Civil destruíronos nunha canteira

G24.gal
18/02/2023 10:31
Uns veciños de Valdoviño atoparon tres proxectís de máis de 150 milímetros mentres limpaban unha nave que querían poñer á venda.
Tras avisaren a Garda Civil, comprobouse que non tiñan nin espoleta nin carga explosiva e os TEDAX procederon á súa retirada e posterior destrución nunha canteira próxima.
A Garda Civil recorda que se atopamos explosivos non debemos collelos, nin manipulalos, xa que poderían estoupar. Debemos afastarnos do lugar e avisar o 062.