Cargando resultados...
Localizan unha muller no chan da súa casa en Bueu con distintas lesións na cara e cabeza

G24.gal
10/08/2024 12:49
Unha muller, de 72 anos, apareceu no seu domicilio no lugar das Meáns, no municipio pontevedrés de Bueu, con varias lesións no seu corpo.
O suceso produciuse contra as 20:40 horas deste venres e a ferida, debido á gravidade das súas lesións, foi derivada ao Hospital de Montecelo, en Pontevedra.
Ata a zona de vivenda desprazáronse varios axentes da Garda Civil, a policía criminalística e a xudicial. A investigación está aberta e, polo momento, non se descarta ningunha hipótese.