Cargando resultados...
López Lázare ofrece na mostra 'Máis aló do tempo' historias da emigración e da Galicia de hai un século
López Lázare ofrece na mostra 'Máis aló do tempo' historias da emigración e da Galicia de hai un século
Son preto de cincuenta retratos e escenas propias da Galicia de hai un século

G24.gal
04/10/2023 11:01
As historias da emigración a Arxentina que lle contaba o seu avó centran a nova exposición de Xesús López Lázare.
Baixo o título 'Máis aló do tempo', as dependencias do Vello Cárcere de Lugo acollen a mostra deste pintor lugués, con preto de cincuenta retratos e escenas propias da Galicia de hai un século.
López Lázare, un artista autodidacta, defínese como un autor neorrealista ao que lle gusta captar as miradas e o sorriso da xente.