Máis de 200 empresarios de Pocomaco opóñense ao carril bici polo polígono
Din que as empresas se van ver na obriga de abandonar o parque empresarial pola imposibilidade de desempeñar a súa actividade
Piden que lles aclaren como lles vai afectar o cambio de titularidade das vías e redes de servizos
A día de hoxe o carril bici chega ata a entrada do polígono privado de Pocomaco, pero a intención do Concello é unir con vías ciclables os barrios do Birloque e Mesoiro atravesando o parque empresarial.
"Hai xa un preacordo entre a directiva do polígono e o Concello. Pero non contaron con todos nós". "A cada empresario vanlle quitar entre 4,20 e 4,70 metros diante das súas naves. E isto supón a perda dunhas cinco mil prazas de aparcamento". "Onde imos meter os coches dos clientes, dos traballadores e da xente que vén visitar o polígono".
Din que moitas empresas se van ver obrigadas a marchar do polígono pola imposibilidade de desempeñar a súa actividade.
"Aquí hai empresas que necesitan ter os camións ás portas das naves e despois xa non sería posible. Terán que marchar".
E amólalles tamén non ter ningún tipo de información.
"E que nos expliquen tamén que é o que temos que pagar... Porque o Concello non ten ningunha obrigación". "Non estamos de acordo para nada" "Será a fin do polígono".