Cargando resultados...
Proliferación en Monforte dos rótulos de vao permanente que non están ao día
Os seus titulares teñen a obriga de entregalos cando xa non se encontran en vigor
Letreiro irregular no centro da vila do Cabe
Félix Aragunde
29/11/2024 14:23
Boa parte dos letreiros de vao permanente que hai en Monforte deixaron hai tempo de estar ao día. Os seus titulares teñen a obriga de entregalos cando xa non se encontran en vigor, polo que se suceden as queixas por parte de quen precisa aparcar o seu vehículo.
A problemática non é nova na vila. De feito, hai xa décadas levárase a cabo unha campaña para combater esta picaresca, que supuxera un aumento das multas.
Pola súa parte, as autoridades locais anunciaron que van tomar medidas contra esta práctica.