Máis de 30 chefs galegos participan na cea solidaria polos afectados da DINA
Estaban previstos 200 comensais, pero dada a demanda, houbo que ampliar o número de convidados
As entradas custan 500 euros e o menú consta de 16 aperitivos, 3 pratos e postre
Unha constelación de 18 estrelas Michelin e 35 soles Repsol da alta gastronomía galega foron os artífices dun menú solidario para unha cea benéfica sen precedentes.
Grazas a tres grandes empresas que corren cos gastos, o cen por cento da recadación chegará aos afectados en Valencia para axudar na recuperación do tecido produtivo.
Nun principio estaban previstos 200 comensais, pero dada a demanda, houbo que ampliar o número de convidados a pesar de que as entradas custan 500 euros. O menú, 16 aperitivos e unha cea de tres pratos e sobremesa.
A recadación será de 100.000 euros e teñen aberta ademais unha mesa cero para donativos que poden facer tanto particulares coma empresas. Esta cita solidaria é tamén histórica, ao xuntar o maior número de cociñeiros de renome en Galicia ata o día de hoxe. De sobremesa haberá coctelería de autor e música con Xoel López e Iván Ferreiro.