Man tendida da ministra da Seguridade Social ás reclamacións das mulleres da pesca
Elma Saiz reuniuse cun grupo de mariscadoras na praia de Barraña
Asistiu á presentación do Mapa das mulleres da pesca organizada por ANMUPESCA
A Ministra de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, Elma Saiz, está en Boiro para participar na presentación do Mapa das mulleres da pesca na Coruña, organizada por ANMUPESCA.
O mapa das mulleres da pesca é unha iniciativa pioneira que permite coñecer a dimensión da presenza das mulleres na cadea de valor desta actividade.
Previamente, a ministra reuniuse cun grupo de mariscadoras na praia de Barraña. Saiz destacou os avances na situación das traballadoras do mar, e especialmente a lei de pesca sostible do ano pasado, que facilita a xubilación anticipada de mariscadoras e redeiras.
"Man tendida absoluta ás súas reivindicacións, escoita activa. Vou ter ocasión de compartir con elas e as reflexións, o que ten que ven con máis protección. Xa son 250 mulleres que se puideron xubilar anticipadamente sen mingua algunha, protexendo esa especial penosidade e dureza do traballo que fan, é un dos obxectivos da Seguridade Social, loitar contra a brecha de xénero".