Mañá xélida en Verín, onde o termómetro rozou os 5 graos baixo cero
A comarca de Monterrei rexistraba contra as oito e media da mañá a temperatura máis baixa de Galicia
Acostumados ao frío, este ano chega máis tarde e a friaxe é benvida para, din, poderen facer as matanzas
De novo xornada moi xélida, sobre todo no interior da provincia de Lugo e no sur da provincia de Ourense. Na comarca de Monterrei, en Verín, espertaron hoxe rozando os -5 graos, é a temperatura mínima rexistrada en Galicia.
Tardou en vir, pero agora si que chegou o frío á provincia de Ourense. Xeadas e un mesto manto de néboa que fixo baixar o termómetro contras as oito e media da mañá ata os -4,9. É a temperatura mínima de Galicia, rozando os 5 graos baixo cero na comarca de Monterrei.
Hai que levalo. E especialmente xélida foi a pasada madrugada en Xinzo de Limia, onde rozaron os 9 graos baixo cero. Hoxe de novo frío, pero loce o sol.
Pois, segundo as previsións de MeteoGalicia, as temperaturas suavízanse en todo o país e agárdase que volva un pouco de chuvia.