Toda España, agás as illas Canarias e Navarra, en alerta pola borrasca Herminia
O maior refacho rexistrouse ás oito desta mañá na estación de esquí da Pinilla, na provincia de Segovia, con 151 quilómetros por hora
A forza do vento obrigou os concellos de Toledo e Madrid a pechar todos os parques polo risco de caída de pólas
Herminia déixase notar máis aló da fronteira galega. Agás Navarra e as illas Canarias, toda España mantense en alerta por chuvia, vento, neve e temporal no mar.
De cor laranxa ou amarelo é nas dúas mesetas, Aragón, Valencia, Murcia e Andalucía por fortes ventos. O maior refacho rexistrouse ás oito desta mañá na estación de esquí da Pinilla, na provincia de Segovia, con 151 quilómetros por hora. Na estación rioxana de Valdercaray rexistrouse outro refacho de 146 quilómetro por hora e de 141 na Covatilla, en Salamanca.
“Si, máis na miña cidade, no Río de Xaneiro está facendo 40 graos positivos. Entón, para nós isto é unha marabilla”.
“De máis, si. Case lle voa o paraugas a un dos mozos, pero esta moi forte, moi forte”.
A forza do vento obrigou os concellos de Toledo e Madrid a pechar todos os parques polo risco de caída de pólas.
Na comunidade madrileña e na zona occidental de cordilleira cantábrica mantense activada a alerta amarela por acumulacións de neve de ata 90 centímetros en 24 horas.
O mesmo nivel de alerta está activo no Pireneo oscense por chuvia que superará os 60 milímetros por metro cadrado acumulados en 12 horas.
O temporal no mar deixará ondas de ata 8 metros no Cantábrico oriental e de entre 3 e 4 no Mediterráneo.