Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mantense a alta demanda para construír piscinas

Mantense a alta demanda para construír piscinas

Comezou coa pandemia, pero non diminuíron os encargos coa fin das restricións

Moitas empresas de construción teñen a axenda completa ata o próximo ano

G24.gal 07/07/2022 20:03 Última actualización 07/07/2022 20:18

Os construtores de piscinas traballan arreo, con moitos encargos en carteira e sen descanso dende o inicio da pandemia.

 "Pensamos que co levantamento dos confinamentos a cousa se relaxaría, pero continúa a tendencia de querer ter unha piscina na casa para desfrutar en familia. De feito, hai xente que ten unha parcela que non é edificable, pero onde si lle perimiten facer a piscina e mesmo poñen unha carvana", di José Pereira, responsable de Piscinas Vigo.

No caso desta empresa de Vigo, por exemplo, constrúen para toda Galicia, e neste momento teñen a axenda completa ata marzo.

"Practicamente en setembro do ano pasado xa tiñamos 2022 todo cuberto. O que máis nos doe e dicirlle a un cliente que non se pode facer a piscina para cando quere.", recoñece Pereira. 

Curiosamente a demanda é máis forte nas vilas costeiras. Vigo lidera a clasificación galega con máis de 2.500. 

Dende 8.000 euros é posible facer unha piscina. A partir de aí non hai límite dependendo dos extras e melloras que se escollan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade