Publicador de contidos

Publicador de contidos

Medallas de Protección Civil en Galicia aos voluntarios, á BRILAT e á Garda Civil

Medallas de Protección Civil en Galicia aos voluntarios, á BRILAT e á Garda Civil

G24.gal 05/11/2022 15:55

A Academia Galega de Seguridade Pública acolleu a cerimonia de entrega das medallas ao mérito e dos distintivos de permanencia de Protección Civil de Galicia.

O presidente Alfonso Rueda desprazouse á Estrada para participar no acto. Foilles imposto o distintivo de permanencia aos voluntarios de protección civil con 25 anos de servizo e as medallas ao mérito a aqueles que se significaron no servizo.

Alfonso Rueda dixo dos voluntarios de protección civil que "o que menos dá, dá moito" e que sen eles o labor das Administracións sería moi complicado. Nesta edición foilles entregada tamén cadansúa placa de prata ao mérito á Brilat e mais á Garda Civil en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade