Cargando resultados...
Retíranlle o pasaporte e o permiso de condución ao chofer investigado polo accidente mortal de Meis
Ten prohibido saír de España e deberá comparecer no xulgado cada 15 días

G24.gal
20/09/2022 12:59
O condutor do coche implicado no accidente mortal acontecido o venres en Meis terá que comparecer no xulgado cada 15 días.
As medidas cautelares contra ese chofer, un cidadán suízo, inclúen a retirada do pasaporte e do permiso de condución, comiso do coche e prohibición de saír de España.
O home detivérono pouco despois do accidente que lle custou a vida a unha moza brasileira e feridas graves a unha tía dela.
As probas realizadas tras o sinistro determinaron que o condutor consumira cocaína. Está a ser investigado como presunto autor dos delitos de homicidio por imprudencia grave, lesións graves e contra a seguridade viaria.