Cargando resultados...
Medio Rural dá por extinguido o incendio de Baltar
Arderon máis de 200 hectáreas en dous días na provincia de Ourense

G24.gal
31/01/2022 16:20
Os equipos de extinción en Ourense tiveron traballo intenso nos últimos dous días. Neste intre non hai ningún lume activo. Medio Rural deu por extinguido o incendio que afectaba a parroquia de Abades, en Baltar, e que segundo as últimas estimacións, calcinou 5 hectáreas.
As lapas entraron dende Portugal ao igual que aconteceu con outro lume que afectou a Vilamaior da Boullosa, tamén no concello de Baltar, e onde se queimaron 40 hectáreas de terreo.
Durante os últimos días arderon máis de 200 hectáreas na provincia de Ourense, nun xaneiro especialmente seco e con temperaturas baixo cero, en que as queimas están prohibidas.