Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aumentan as axudas de Política Social para as casas niño

Aumentan as axudas de Política Social para as casas niño

Os responsables dos centros percibirán un dez por cento máis ao ano

Están operativas en Galicia noventa casas ñiño
G24.gal 16/11/2021 14:43

Os profesionais que levan as casas niño percibirán un 10 % máis ao ano. Así o fixo público a conselleira de Política Social durante a visita que esta mañá realizou a un destes centros, o de Argalleiros, no concello lucense de Navia de Suarna. Isto significará de media un incremento anual de algo máis de dous mil euros para as persoas adxudicatarias do servizo.

Fabiola García expresou a súa satisfacción polos bos resultados que está a conseguir esta iniciativa que persegue fixar poboación no rural, ofrecendo un servizo aos pais con fillos menores de tres anos e xerando postos de traballo para as persoas que quedan a cargo dos pequenos.

Os pais dos pequenos poden conciliar a vida laboral e persoal sen ter que saír do seu concellos", di a conselleira de Política social.

O alcalde de Navia de Suarna agradece iniciativas coma esta porque son de grande axuda aos matrimonios novos que viven no rural. 

As casas niño están deseñadas para a Galicia rural. En concellos con menos de 5.000 habitantes, onde presta un servizo 100 % gratuíto ás familias con fillos de 0 a 3 anos.  

Un programa que a Xunta puxo en marcha no 2016 e que xa está a ser copiado noutras comunidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos