Cargando resultados...
Miñones preside a primeira Interterritorial de Sanidade
Aprobouse a repartición de fondos para a mellora de infraestruturas na Atención Primaria

G24.gal
17/04/2023 21:01
Última actualización 17/04/2023 21:56
José Miñones presidiu este luns por vez primeira o Consello Interterritorial de Sanidade. Na reunión telemática do ministro cos conselleiros aprobáronse os criterios de distribución territorial de 579 millóns para a mellora de infraestruturas de Atención Primaria.
A Galicia correspóndenlle case 38 millóns. E tamén recibirá máis de dous millóns do Plan de Infraestruturas en Saúde Mental Comunitaria, cuxa repartición por comunidades tamén se aprobou.