Publicador de contidos

Publicador de contidos

Montero, sobre unha renuncia de Ábalos ao seu escano: "Eu sei o que eu faría"

Montero, sobre unha renuncia de Ábalos ao seu escano: "Eu sei o que eu faría"

G24.gal 23/02/2024 16:15

A vicepresidenta primeira do Goberno e ministra de Facenda, María Jesús Montero, respondeu este venres sobre se o exministro José Luis Ábalos debe deixar o seu escano polo caso Koldo: "Eu sei o que eu faría, non podo dicir o que o señor Ábalos quere facer ou vai deixar de facer, eu sei o que eu faría".

Montero, que participou nun foro informativo en Cádiz, ao ser repreguntada sobre se ela deixaría o escano, respondeu: "Vostede sabe o que eu faría".

Lembrou que o sumario non se coñece e que parece que non hai "ningún tipo de reproche penal ou delito", polo que "lle corresponde a el tomar calquera decisión".

Indicou que "a investigación está en curso", co que instou a esperar o alcance das investigacións, aínda que mostrou a súa "repugnancia" e "repulsa" a calquera aproveitamento económico que se produciu durante unha época tan difícil como a pandemia.

O PSOE suspendeu de militancia a muller de Koldo García, tamén investigada. El non estaba afiliado. O Goberno intenta poñer un cortalumes, pero a presión vai a máis.

O PP convocou unha reunión urxente para analizar o que xa bautizaron como caso Ábalos. A semana que vén despregará unha ofensiva no Congreso. E vaise presentar na causa xudicial. Apuntan a Pedro Sánchez. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade