Cargando resultados...
Morre un home en Vilaboa ao caerlle unha árbore enriba durante unha corta
Foi trasladado con vida ao hospital, onde morreu a consecuencia das feridas

G24.gal
17/04/2022 08:28
Un veciño de Vilaboa de 54 anos morreu a consecuencia das graves feridas que sufriu ao caerlle enriba unha árbore durante unha corta. Foi nunha leira privada na Graña, no lugar de Postemirón, no concello de Vilaboa.
O accidente produciuse este sábado preto das once da mañá e, segundo informou o 112 nun primeiro momento, o home foi trasladado ao hospital Montecelo con vida.
No operativo de urxencias participaron axentes da Garda Civil, Bombeiros do Morrazo e membros de Protección Civil de Vilaboa e de Soutomaior.
