Morre o bebé que desaparecera co seu avó na localidade de Manzanilla, en Huelva
O Concello xa decretou dous días de loito oficial pola morte do pequeno
A autopsia practicada ao seu avó desbotou o suicidio e apunta a un desmaio por hipoglicemia

En Huelva, un avó e o seu neto, un bebé de 22 meses, estiveron desaparecidos durante 18 horas. Cando conseguiron atopalos, o home estaba morto e o bebé en estado moi grave.
O peque no fora trasladado ao hospital de Sevilla en helicóptero e durante cinco días estivo ingresado na UCI do Hospital Virxe do Rocío de Sevilla . Finalmente non puido recuperarse das graves lesións causadas despois de dezaoito horas sen beber e pasando frío no interior dun coche.
O Concello xa decretou dous días de loito oficial pola morte do pequeno ademais de suspenderse diversos actos programados no municipio.
A autopsia practicada ao seu avó desbotou o suicidio e apunta que o falecemento puido ser orixinado por un desmaio por hipoglicemia. Aínda así, a Garda Civil mantén aberta a investigación para determinar as causas da desaparición tanto deste home como do seu neto.