Morre unha persoa en Rianxo tras quedar atrapada entre a cama e o armario
A persoa estaba en parada cardiorrespiratoria e aínda foi rescatada polos bombeiros de Boiro
Co persoal sanitario trataron de reanimala cun desfibrilador, pero non puideron facer nada pola súa vida

Os bombeiros do parque provincial de Boiro acudiron esta tarde á rúa Punta Fincheira, no concello de Rianxo, tras recibir o aviso de que había unha persoa atrapada entre unha cama e un armario que non se podía mover.
Á súa chegada, a Policía Local de Rianxo indicoulles que a persoa atrapada estaba en parada cardíaca e os bombeiros procederon a colocarlle un desfibrilador, co persoal sanitario xa presente, informa o Consorcio contra Incendios e de Salvamento.
O persoal sanitario realizou as manobras de reanimación correspondentes, pero non se puido evitar o falecemento da persoa. No operativo tamén participaron, entre outros servizos, a Policía Local de Rianxo e un médico do PAC de Rianxo.
Dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro veñen de colaborar con 061, Policía Local de Rianxo e Protección Civil Rianxo Perfil Oficial en rescate persoa en parada cardiorrespiratoria en vivenda do Concello de Rianxo pic.twitter.com/VJcnQVKKmv
— A.D.C.Bomberos Boiro (@BomberosBoiro) December 29, 2024