Cargando resultados...
Morre un operario dunha empresa do naval no peirao vigués de Bouzas
O home, de 37 anos, faleceu no hospital por mor das feridas causadas por un guindastre que lle caeu enriba
É o terceiro accidente laboral mortal rexistrado en Vigo no mes de marzo

G24.gal
29/03/2024 10:04
Un home de 37 anos morreu no hospital por mor das severas feridas que sufriu o pasado mércores cando lle caeu sobre a cabeza un grúa eléctrica mentres realizaba labores de carga no peirao de reparacións de Bouzas, segundo publica o xornal Faro de Vigo.
Traballaba para a empresa de efectos navais Fernández & Comesaña. É o terceiro accidente laboral mortal en Vigo en quince días, tras os rexistrados no estaleiro San Enrique, o antigo Vulcano, en Teis e nunha vivenda unifamiliar en Alcabre.