Cargando resultados...
Morre unha moza de 20 anos ao caer unha palmeira en Barcelona

G24.gal
03/08/2023 19:47
Unha moza de 20 anos morreu esta tarde en Barcelona ao caer unha palmeira no barrio de Ciutat Vella de Barcelona.
O tráxico suceso ocorreu ás 16:00 horas da tarde na rúa de Joaquim Costa, esmagando a moza e un camión de limpeza que se atopaba no lugar.
Ao lugar chegaron tres unidades de Bombeiros, da Garda Urbana, do SEM e dos Mossos d'Esquadra. Estes últimos comezarán unha investigación, aínda que todo indica que foi un accidente.