Cargando resultados...
Morre unha muller atropelada no concello de Crecente
Aconteceu pasadas as catro da tarde na PO-400, á altura da parroquia de Quintela

G24.gal
24/12/2023 19:37
Última actualización 25/12/2023 20:09
Un coche atropelou unha muller que circulaba pola estrada PO-400. Os servizos sanitarios desprazados ata o lugar non puideron facer nada para salvarlle a vida.
O atropelo mortal produciuse no quilómetro 30. Foi a chamada dun particular ao 112 a que alertou do sucedido. Segundo relataba, unha muller sufrira un atropelo e, malia non estar atrapada, precisaba asistencia sanitaria urxente.