Cargando resultados...
Morre unha nena de 11 anos ao caer dun sétimo andar nun hotel de Mallorca
A nena estaba de vacacións coa familia e precipitouse dende a terraza mentres os pais estaban durmindo
A pesar dos intentos por reanimala, non puideron salvarlle a vida

G24.gal
22/07/2024 21:16
Última actualización 22/07/2024 21:20
Unha nena irlandesa de 11 anos falecía ao caer dende o sétimo andar dun edificio nun hotel de Mallorca.
A pesar dos intentos por reanimala, non puideron salvarlle a vida. Ao parecer, a nena estaba de vacacións coa familia e precipitouse dende a terraza mentres os pais estaban durmindo.
A Garda Civil investiga as circunstancias do suceso, aínda que todo apunta a unha caída accidental.