Deteñen un home tras o falecemento doutro logo dun altercado de tráfico na A-55 en Mos
O suceso produciuse este domingo á tarde, e horas despois, tras a investigación por parte da Garda Civil, produciuse o arresto
A vítima, de 52 anos, foi trasladada con vida ao hospital, onde posteriormente faleceu
O detido, un vigués de 41 anos, está acusado dun presunto delito de homicidio
Un home, de 52 anos de idade e nacionalidade portuguesa, perdeu a vida na tarde deste pasado domingo en Mos tras supostamente rexistrarse unha liorta de tráfico na autovía A-55 na zona de Tameiga, en dirección Vigo. Por estes feitos, a Garda Civil detivo nas últimas horas a outro home, un veciño de Vigo de 41 anos.
Segundo fontes do 112 Galicia, foron varios os particulares os que alertaron solicitando a intervención das forzas da orde ao presenciar unha posible liorta entre dous coches, que se atopaban na beiravía á altura do quilómetro 10 da vía.
Fontes do 061 informaron de que o home de 52 fora trasladado en ambulancia ao Álvaro Cunqueiro. Con todo, a Garda Civil confirmaba posteriormente o seu o falecemento. Por agora descoñécense as causas da morte, xa que se está á espera do resultado da autopsia.
Ademais, explican que se produciu a detección dun home, de 41 anos e veciño de Vigo, como presunto autor dun delito de homicidio.