Mostras de todo tipo na Feira de Antigüidades da Pontenova
Máis de 50 anticuarios participan neste evento
Tamén hai unha ampla oferta de artesanía
Centos de persoas visitaron xa a primeira xornada da feira de antigüidades da Pontenova, na que se pode atopar practicamente todo tipo de obxectos cos máis diferentes usos e historias.
"Ven moita xente e para os anticuarios é algo moi interesante".
O público é do máis variado en canto a idade e procedencia pero, independentemente do que busquen na feira, case todos teñen unha característica en común:
"Sobre todo coleccionistas. Xente que se fai regalos a si mesma".
"É que o que conseguen aquí non o teñen noutro lado".
E, se non lles gustan as antigüidades, na Pontenova teñen tamén unha importante mostra de artesanía chegada de toda Galicia e mesmo doutras zonas de España.
"Este artefacto ten truco porque xa o preparei eu".
Para a fin de semana hai prevista unha concentración de motos vespa, unha mostra de coches clásicos e unha exposición de pintores da Pontenova.