Feira cabalar do san Martiño, cita multitudinaria na carballeira de Francos en Teo
Esta celebración data de 1557, é a feira cabalar máis antiga de Galicia
A feira cabalar do san Martiño de Francos, en Teo, está considerada a máis antiga de Galicia, xa que data do século XVI, e é unha cita multitudinaria e tradicional neste 11 de novembro.
Desde ben cedo o son dos cascos dos cabalos invade a carballeira de Francos. E vén sendo así desde 1557, que é de cando datan os primeiros documentos que testemuñan que xa se celebraba esta feira cabalar.
Os cabalos son a esencia da feira do San Martiño, pero a parte gastronómica, o arrecendo a polbo e churrasco tamén atrae á multitude.
Hai tamén mercado onde abundan os produtos de temporada como as castañas ou as noces. Ao longo da xornada haberá actuacións musicais e actividades para os máis pequenos. Iso si, hai que armarse de paciencia porque o atasco na Nacional 550 para acceder á carballeira son unha constante todo o día.