Cargando resultados...
Na Coruña está a brigada de policía científica de referencia no noroeste peninsular
Ten varias unidades de investigación, entre elas unha das cinco de ADN que hai en España
G24.gal
15/06/2024 15:30
Última actualización 11/06/2024 15:58
Os axentes especialistas nas técnicas máis sofisticadas de investigación criminal teñen un labor fundamental á hora de esclarecer delitos.
Desde os responsables da inspección ocular, que recollen no lugar dos feitos todo tipo de mostras que poidan constituír unha proba xudicial, ata os axentes que traballan con técnicas de recoñecemento facial, documentalística, informática forense e ata análise no laboratorio de ADN: a dotación de policía científica da Coruña é referencia para as comunidades autónomas de Galicia, Asturias e Cantabria.